O noso soño comezou en 2013 coa apertura do Centro de Fisioterapia e Estética Gamallo Fontenla, prestando servizos aos nosos pacientes de fisioterapia e clientes de estética.
En 2024, evolucionamos ata converternos en Gamallo Fisioterapia. Unha nova imaxe e unha nova filosofía de traballo na que a fisioterapia ocupa un lugar central.
Porque a nosa paixón é a fisioterapia e a recuperación óptima dos nosos pacientes, abordamos a saúde e o benestar do paciente desde unha perspectiva integral, buscando comprender como os factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais afectan á experiencia da dor, a discapacidade e a recuperación.
Cremos firmemente na terapia manual como método de traballo. As nosas mans son os nosos ollos, os nosos oídos e o noso instrumento máis prezado.